Madrugada de san Xoan, Madrugada máis garrida, Que baila o sol cando nace, E rí cando morre o día. ¿Onde vai nosa señora, Onde vai Santa María? -Vai cara a banda do mar, Vai cara a banda da ría. ¿Que dis a virxe, que dis, Que dis Santa María? -¿Cal será a meniña, cal Que colla a frol d´augoa fria? -Non será dama nin deuda, Que será a princesa Aldina, A princesa namorada Filla do rei de Galicia Non hai outra coma ela, Tan feitiña e tan bonita Aqueles seus ollos craros Do color d´augoa da ría. Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d´augoa fria. Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d´augoa fria. Érguete do leito, nena, Ven cara a banda do mar, Qu´anque ti veñas soíña En compaña has de tornar. Na torre do real palacio Anque inda está lonxe o día Móvense o liños dun leito Algunha xente se erguía É a princesa! Deu-la garde! Era a moi garrida Aldina, Que vai o día de San Xoán, Cata-la frol d'augoa fría. ♪