Polo mundo me vou, madre, Polo mundo a camiñar(e) En busca de Bernaldino Que no o podo atopar(e). E se foi de terra en terra E de lugar en lugar(e) Topou unha lavandeira Lavando nun areale. -De Bernaldino señora Que novas me pode dar(e)? -Bernaldino, é da reina O paxeciño galan(e). Ao decir estas palabras Bernaldino a porta sae -Quen te trouxo aquí Sabela, Quen te trouxo a este lugar(e)? -Teus amores Bernaldino, Por aquí me fan andar(e). Colleronse polo brazo, Puxeronse a pasear(e). En canto os vira a raiña Aos dous mandara matar(e) A ella enterrana no coro, Enterrano no altar(e). Dela naceu unha fonte, E del un verde olivar(e); Tanto crecen un e outro Que aos ceos foron chegar Cando os ventos sopran mainos Os dous se queren falar(e) Cando os ventos sopran recios Os dous se queren bicar(e)