Bos aires ten unha gaita Sobre do Río da Prata Que a toca o vento do norde Coa súa gris boca mollada. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, Basoira que te basoira Polvo déstantes e caixas. Ao longo das rúas infindas Os galegos paseiaban Soñando un val imposíbel Na verde riba da pampa. ¡Triste Ramón de Sismundi! Sinteu a muiñeira d&dgoa Mentres sete bois de lúa Pacían na súa lembranza. Foise pra veira do río, Veira do Río da Prata Sauces e cabalos núos Creban o vidro das ágoas. Non atopou o xemido Malencónico da gaita, Non viu o inmenso gaiteiro Coa frolida dálas: Triste Ramón de Sismundi, Veira do Río da Prata, Viu na tarde amortecida Bermello muro de lama