Hoxe na vila temos a feira Tódolos mozos buscan compañeira Veñen facendo á súa maneira Baila rapaza que ti eres solteira Brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar Pásase o tempo, non teño diñeiro Todo deixeino bebendo ribeiro Vai ter que ser que me fíe o tendeiro Hoxe só quero escoitar o pandeiro. Miña rapaza está namorada Moza non deixes de pandeirar Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis) Aínda vén xente polo camiño Vanse sumando a bailar cos veciños As rapaciñas levan o viño Vanlle ofrecendo o seu son ós veciños Brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar. Fuxen do mundo as miñas peniñas Cando se move miña rapaciña E o amoriño que ela me tiña Vaise facendo como a vida miña. Miña rapaza está namorada Moza non deixes de pandeirar Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis) O tren vai andando pasiño a pasiño Pra San Antón xa temos camiño E que xeitoso foise o corpiño Seica tamén bailaba o meniño. Pra que non sofras máis de soidade Pra que non teñas máis de saudade Hoxe na vila temos a feira Tódolos mozos bucan compañeira Veñen facendo á súa maneira Baila rapaza que ti eres solteira Brazos ó vento, meu pensamento é que non deixes de pandeirar Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)