Kishore Kumar Hits

Uxía - Alalás Encadeados lyrics

Artist: Uxía

album: Uxía-O (Uxía Canta Poemas de Uxío Novoneyra)


E para ben cantar lixeiro
E para ben cantar cargado
Lixeiro de alento novo
Cargado do mais calado
Calado ser de meu pobo
Por siglos asoballado.
Xostregan augas e ventos
Sigue o penedo chantado.
Queda o penedo roído
Raspado e batugado.
Sólo lle quedou aquelo
Que non pode ser quitado.
Penedo roído e quedo
Por riba de ti me pranto.
Sin ti fora o mais pequeno
Por ti son o máis alto.
Galicia non te puderon
Calar e ben que o teimaron.
Se non cantas polo erguido
Asubías polo baixo
Labregos e mariñeiros
Obreiros de pan en pano
Que cando tuveron que irse
Con iles te levaron.
Alalá polo mais alto
Alalá polo mais baixo
Ailalalalalalala

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists