A cidade ten castelo E muralla medieval, O museo ¡hai que velo!, E unha rúa principal. ¡Qué conxunto tan fermoso Con igrexas e xardís E cun río caudaloso Veireado de xasmís...! A cidade ten cafeses, Whiski-clubs e polución, Cementerio con cipreses E un fermoso Malecón. A cidade ten escolas E ten cines e teatros. ¡Ten douscentos parvacholas E trescentos maragatos! A cidade nunca tivo Nin industria ou desenrolo. ¡Soio un comercio cativo E o seu consabido tolo...! A cidade ten paseos, Barrios bellos, arrabais, Chabolismo, rañaceos E gardas municipais. A cidade ten castelo E muralla medieval, O museo ¡hai que velo!, E unha rúa principal. ¡Qué conxunto tan fermoso Con igrexas e xardís E cun río caudaloso Veireado de xasmís...! A cidade ten paseos, Barrios bellos, arrabais, Chabolismo, rañaceos E gardas municipais.