Vaite noite vai fuxindo Vente aurora vente abrindo
Co teu rostro que sorrindo a sombra espanta!!!
Canta, paxariño canta
De ponliña en ponla, que o sol se levanta
Polo monte verde, polo verde monte
Alegrando as herbas, alegrando as fontes!...
Canta, paxariño alegre,
Canta! Canta, porque o millo medre,
Canta! porque a luz te escoite,
Canta! Canta que fuxiu a noite.
Noite escura
Logo ven e moito dura
Co seu manto de tristura,
Con meigallos e temores,
Agoreira de dolores,
Agarimo de pesares,
Cubridora en todo mal,
Sal!...
Que a auroriña o ceo colora
Cuns árbores que namora,
Cun sembrante de ouro e prata
Teñidiño de escarlata.
Cuns vestidos de diamante
Que lle borda o sol amante
Antre as ondas de cristal.
Sal! Señora en todo mal,
Que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal.
Que a luz do día viste a terra de alegría,
Que o sol derrete con amor a escarcha fría.
Sal! Señora en todo mal,
Que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal.
Que a luz do día viste a terra de alegría,
Que o sol derrete con amor a escarcha fría.
Branca aurora ven chegando
ás portiñas van chamando
Dos que dormen esperando o teu fulgor!...
Canta, paxariño canta
De poliña en pola, que o sol se levanta
Polo monte verde, polo verde monte
Alegrando as herbas, alegrando as fontes!...
Cantor dos airesn paxariño alegre,
Canta, canta porque o millo medre.
Cantor da aurora, alegre namorado,
As meniñas dislle que xa sal o sol dourado;
Que o gaiteiro,
Ben lavado,
Ben vestido,
Ben peiteado,
Da gaitiña acompañado á porta está!
Xa!...
Se espricando
Esprica que te esprica
Repenica, repenica
Na alborada ben amada
Das meniñas cantadeiras,
Bailadoras, rebuldeiras;
Das velliñas alegriñas,
Das que saben ben ruar.
Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
Que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
Que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.
Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
Que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
Que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.
Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
Que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
Que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.
Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
Que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
Que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.
Поcмотреть все песни артиста