Kishore Kumar Hits

Hugo Guezeta - A Derradeira Lección Do Mestre lyrics

Artist: Hugo Guezeta

album: A Derradeira Lección Do Mestre


(Con quién tendríais un beef?)
(Con nadie)
(A ver, hai peña pois que pff, non eres afín y punto)
(Pero andar aí con "bah...")
(Pero pa que? osea, eso, eso é como un Sálvame Deluxe)
(No, pero si, enserio)
(Os beefes, pa min, son perder o tempo diría)

(A derradeira lección do mestre)
(A machete)
Vides vacilar naquel bolo de Pontakas
Sacádelo tema cando meu grupo remata
Despois de escoitarme vanvos temblalas patas
Hoxe o raxo e lomo ides comelo con patacas
Putas ratas (ratas), a min ninguén me fode
E menos dous cacho flipaos que lamben os cus que poden
Non sodes quen de tirarlle beef ao poder
É mellor ser un ninguén que un paiaso do Land Rober
Joder, Hugo non sexas reencoroso
Que como non te controles isto vai ser un destrozo
Fala de groupies o baboso (baboso)
Que me dixeron por aí que te pasas de cariñoso
Penoso, facedes algo penoso
Cinco meses gardado para soltar ese trozo?
Anda pa'yá que por meterte co noso
Vas cantar na TVG que te partiu un gangoso
E contádeslle a Pili Pampín
Que por catro duros máis cambiádela por Ramoncín
Amparados nós? Non che creo
Non nos patrocina a tele, a Xunta ou o Xacobeo
Está feo, quedouvos frouxo ese intento
Rebéntovos ao dez por cento
Rimas rapeiro con peido? Que portento
Os nenos aos que daba eu obradoiros tiñan moito máis talento (ja jaa)
E si, faleiche non o nego
Publica o que queiras Chicho tírame dun juevo
Que somos Chikos del Maíz galegos?
Pero ti non es C Tangana por moito que teñas o seu ego (flipao)
A montar grupos ninguén che gana
Nin así te chegha sempre queres máis fama
Ten delito pavo verte neses programas
Só che falta colabo co Lito da Panorama
Eu non compito pana, nin quero lea
Pero nas augas do Tea van afogar dúas preas
Sen idea de como se rapea, penso golpea, noquea
Non creas, tontos como vós hai a moreas
Mais non marean, nin botan merda na escea
"O Galo" cacarea pero vaise levar unha chea
Menudo concerto que dades arrea
Baixádelle o autotune ao puto micro que creades cefalea
(Nunca máis) voltaredes ir de iluminados que a peña non é tonta
(Nunca máis) voltedes fliparvos porque haia xente que vos escoita
(Nunca máis) infravaloredes eses jrupos que dende abaixo loitan
(Nunca máis) voltedes cuspire para arriba que ao final venvos de volta
Solta! para neno a cousa está resolta
Pero vacilarvos reconforta
Co-corta, que entrades en cólera
Porque o que facedes vós xa o facía Malandrómeda
Menuda novedá
E lavades esa boca de cipaios antes de falar de Bóveda
Que xa sei que non é trending
Co que vos droghades referentes Diego Tristán e Melendi
Quen di? De SonDaRúa langrán
Eu non vou quedar calado se tiran a meus irmáns
A familia sinte orgullo do meu clan
A túa pregúntase "que fixemos nós mal con Cibrán?"
Que dirán? E para ser da miña quinta
Por que fardas de fumar petas con máis de trinta?
Pintas! Quen vos levaba quedou farto?
Xa non vos quere ao lado nin a quen lle dades cartos (parvos)
Inventas películas ridículas
Pero quen foi pegarche? A min non me sóltela típica
Chéghame creando e demostrando
As hostias que che dou rimando fanche máis dano que as físicas
E falar de camerinos e de gachis
Machirulo tamen é facer política
Petición e crítica (por favor)
Entregade os micros, pedide perdón as vítimas!
Ahhh! veña que vos fodan
Facedes trap en galego non inventáchedela roda (tolais)
Crense Dios, veña brother
A ver quen se lembra de vós cando se remate a moda
Toda, e de bots pero ti flipas?
Se nos tiráchedes a nós para ghañar visitas
Aghora que? Xa non son tantas risitas?
O soño americano foi a guerra vientamita
Pom poro pom pom
Seica que fan moito pola nosa nazón
Pero vai ser que non, vai ser que non
Eu non os vin nunca nunha manifestación
Pero crense que son, crense que son
Os mellores rappers dunha nova xeración
Pero creo que non, vai ser que non
Ten que vir o mestre para dárvola lección
Cha-chao, isto está finiquitao
Por tocalo carallo cando estaba retirao
Nunca estivemos amparaos
Pero quen trata ben ao resto ten a xente do seu lao
Chao, ate nunca flipaos
E para sacar iso era mellor estar calaos
No corro quedades KO
A facervos catro porros e a tomalo colacao

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists