Kishore Kumar Hits

Hugo Guezeta - Claridade lyrics

Artist: Hugo Guezeta

album: 1991


Vexo todo con claridade, moita claridade para que me veñan a dicir
Que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
Compoñendo para resistir
Perdido pola cidade, calquera cidade, sen mirar atrás para fuxir
Diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
Sen tranquilidade para sentir waio!
Quero que sintas cada verso que che traio
Que sorrías nena xa non quero laios
Que luites non só primeiro de Maio
Que me escuites e me apoies cando fallo
Non máis sair dun curro ate o carallo
Meta única faser da miña música un traballo
Non son un "coach" deses estafadores
Con descursos de merda que disfrazan de motivadores
Que che din se queres podes pero ás veces non se pode
No mundo mandan euros non valores
Non quero favores, sí que a calma me devore
Saberei quen fun no meu enterro según quen me chore
Hoxe quero esquecelas dores
Non aparentar para gañar seguidores
Pouca boa música moito decore
Poucos artistas demasiados actores
Estou lonxe deses factores
Do capitalismo somos desertores
Sempre fumos dos perderdores
Pero hoxe non, hoxe
Vexo todo con claridade, moita claridade para que me veñan a dicir
Que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
Compoñendo para resistir
Perdido pola cidade, calquera cidade, sen mirar atrás para fuxir
Diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
Sen tranquilidade para sentir waio!
A peña dime que non pare co show
Que non cale porque mola que regale do flow
Agradezo cada apoio pero seiche que non
Non estaban dentro miña cando todo fallou
Pero pasou, e deixei escuridade detrás
De cada rima que compuxen e clavei no compás
Por Colombia, Palestina, hoxe non calarás
Puxeron portas no ceo foi porque abrímolas ás
Estou arriba, pasando por cima dos avións
Voltando ser o mesmo de antes sen perdela paixón
A ansiedade que sentía xa quedou nun caixón
Fixen un tema por día cando tiven un baixón
E agora, volto de novo pero non sinto presión
Teño unha nova visión, fuxo daquilo que fixo sentir en prisón
Instrumental en repetición, paz mental á miña misión
Cancións que curan depresións
Estou tratando de recuperarme diso
Dende que pechei a porta daquel piso
Ás veces precisamos un inciso
Non topei saída foi por iso que improviso
Liberándome do medo porque xa era hora
De non gardalo de sacalo todo fóra
Onte deprimido, non atopaba mellora
Pero hoxe non hoxe.
Vexo todo con claridade, moita claridade para que me veñan a dicir
Que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
Compoñendo para resistir
Perdido pola cidade, calquera cidade, sen mirar atrás para fuxir
Diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
Sen tranquilidade para sentir
Claridá claridá claridade
Clari claridá claridá claridade
Claridá claridá claridade
Claridá claridá claridá claridade
Claridá claridá claridade
Clari claridá claridá claridade
Claridá claridá claridade
Claridá claridá claridá claridade!

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists