Kishore Kumar Hits

Hugo Guezeta - Quixera Ser lyrics

Artist: Hugo Guezeta

album: Quixera Ser


Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba
Eu quixera ver no fondo desa mirada
E que se convertera nunha rima
Fuxindo da dogmática doctrina
De todo aquel que discrimina
Quixera ser xustiza e que vencerá Palestina
Que na Galiza non mudara o clima
Chegar a tocar pola Arxentina
Que as mulleres non teñan rutina
De sentir medo cando van cruzala esquina
Eu, quixera ser o páxaro ceibe no ceo
Mais, non creo poder voar
Quixera vela matria que anceio
Liberada no meio do teu ollar
Quixera poder avanzar, coller e danzar
Atoparme para voltar comezar
A nosa guía non está en ningún altar
Nin a valentía nun servizo militar
Rap que fixo tiritar ao poderoso
Eu, quixera ser de todo menos pretencioso
Que quen despreza a nosa lingua non se flipe
Recapacite e queira a valorar o noso
Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba
Que che vou contar meu camarada
Quixera vela terra desexada
Que esta letra fose recordada
Polo seu sentir máis que por nada
Temos na memoria sempre cada
Voz que se voltou represaliada
Por cada persoa silenciada
Ergueremos entre a barricada
Quixera ser contigo
Da túa man, sen ter un plan
Que a miña xente non lle falte o pan
Capitalismo destructivo
Porque haber hai moito sí, pero moi mal repartido
Quixera ser o latido que sae do peito
E que do noso curro non saque ninguén proveito
Privatizan merdas, socializan perdas
Vou pola esquerda aínda que busque dereitos
Dalle xeito, Hugo dalle xeito
E non te censures nunca ate chegar ao cadaleito
Que cando morras e noten a túa falta
Penses, cabeza alta e traballo ben feito
Quixera percorrerte ben
Como aquel día que xemías entre vao
Eu quixera escrebere na túa pel
Os versos de Rosalía ou Castelao
Quen me dera voltar outra vez aquel
Tempo que vivía despreocupao
Eu quixera que o fique neste papel
Quedara para sempre do teu lao
Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba
Eu quixera ver no fondo desa mirada
E que se convertera nunha rima
Fuxindo da dogmática doctrina
De todo aquel que discrimina
Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists