Kishore Kumar Hits

Arrhythmia - Espertei lyrics

Artist: Arrhythmia

album: I


Todo o meu arredor cambiou a súa cor.
Lembras o día? Todo parou.
Arden os ollos, necesito emoción,
Unha saída bañada en licor.
Salta!
Espertei; entre paredes florecen,
Malas herbas desta puta mente,
A noite en garda.
Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda.
Imaxina que estoupa, camiño que me bota,
Un silencio que brota, a vida en bancarrota.
A vida en bancarrota.
Outra páxina morta, escribir a posdata da última nota,
Albiscar a saída, máis eu non quería morder esta lona.
Ferido, pero non vencido. Detido, ser o meu propio inimigo.
Imaxina que estoupa, imaxínate a vida vestida de morta.
Fodido, fundido, prohibido pero non vendido.
Imaxina que estoupa, imaxina esta besta chamando á túa porta.
Espertei; entre paredes florecen
Malas herbas desta puta mente,
A noite en garda.
Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda.
Unha páxina rota, outra páxina morta.
Espertei; entre paredes florecen malas
Herbas desta puta mente,
A noite en garda.
Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists