4 x 20 Vigo, xa teño estado aquí noutro sitio! Vigo!, verbo de mirar e non ver nada Vigo sen vivir en min Vigo Berlín en cada estoupido Líbano Vigo, muller barbuda Vigo, os dedos de Fingers Iavé tiñan artrose en pegada e ría Vigo, placenta de maná centrífugo O nacemento de Vigo non é o belén da Caixa de Aforros Vigo, os pastores do belén da Caixa de Aforros de tan hebreos son sionistas Vigo, nazareno. O Cristo da Vitoria era de Ourense Vigo de grúas asombradas Vigo, lumpen salitre Vigo, bacallau! Vigo, en ti escarrancharon o desexo os tranvías e os poetas épicos Vigo, empanada de cebola Vigo é un campamento de refuxiados en territorio ocupado Vigo de vigueses, de viguesas, de portuguesas que fan o francés Vigo, ourensáns Vigo, chacho! Vigo, barato, barato! Vigo, peronismo de praias Vigo, o Atlántico é unha piscina Vigo quere dicir vosoutros non sodes nosoutros Verso número 20: Vigo está feito do menisco dun mamut