Agora que sabemos que todos os camiños Que construímos foron erixidos sobre cadáveres Agora que entendemos que erguemos a cada tirano Que nos someteu baixo o fascio e a espada Agora que aceptamos que fomos nós xs Que alzamos os muros que comprimiron os nosos tórax Sepultando os nosos corazóns... Decidimos encomendar a nosa existencia á súa destrución Ata que, dentro de nós, cada deserto se converta en oasis Cada ferida en fervenza e cada bágoa en torrente Pero as palabras so debuxan arquitecturas efémeras Abstraccións que se dispoñen no inconsciente Que defender? Por que loitar? Incapaces de articular narrativas emancipadoras Adictxs ao son que fan as nosas cadeas ao camiñar Apenas se ven luces entre a néboa Apenas algúns berros ao lonxe! Como topar liñas de fuga nun discurso circular? A memoria muscular da dominación, a ideoloxía como abstracción delimitadora... Precisamos novos marcos teóricos! Territorios que repoboar, zonas a defender Realidades que nos permitan coidarnos e protexernos da miseria perceptible Da reprodución incansable da violencia da posmodernidade Lugares onde arrolar a nosa fraxilidade pra facernos fortes Descender ao máis profundo, escavar ata que sangren as mans Ata que as gretas broten nas paredes do noso peito - e facer palpable o intanxible E tal vez así, atopemos - por fin - bosques que nos envolvan e mares que nos bañen E articulemos unha defensa feroz do noso interior Unha política de guerra contra o baleiro! Unha firme convicción de colmarnos de alegrías! Armar os nosos afectos con fereza Formar barricadas nos brazos de quen nos ama RESISTIR Derramar velenos na vida líquida - no discreto puñal do tempo Da escravitude asalariada, das proxeccións asimétricas do ego... E conquistar as nosas soidades, os nosos silencios, os nosos fracasos Abrazar os territorios da nosa vulnerabilidade E enchelos de flores, e enchelos de froitos Resoará o vento, retumbarán nos nosos ouvidos ecos de voces esquecidas no tempo E dende o fondo do noso abismo Reescribiremos a topografía do mundo Con liñas que aínda non foron formuladas Coas palabras que se nos atragoaron Os amores bos e o imperfectible da nosa humanidade E DESFACER TODO PRA REFACER TODO Deixar que caian os monumentos que construímos Pra conmemorar todo o dano que causamos Toda a dor que infliximos, as feridas que fixemos Que a chuvia limpe o sangue e o musgo devore a pedra! E así aprendamos a habitarnos e habitar este mundo Pra deter os precipicios que se achegan E frear os que xa existen, destruír os que xa existen Porque unha pulsión devastadora Unha paixón que nos desborda Empúrranos a vivir Porque todas as vidas que fomos Todas as vidas que levamos dentro Apertan cunha vontade desesperada Que non nos permite agardar mil anos máis A que todo cambie A que todo estoupe E se desvaneza esta necesidade Insoportable De controlalo todo De erixir fronteiras E conformar estados Dentro e fóra de nós Por iso, escribiremos de novo a historia Nas linguas que elxs prohibiron E fixeron desaparecer E retomaremos a felicidade Como único valor para medir A dignidade da nosa existencia