Kishore Kumar Hits

MJ Pérez - A Peza Solta - Ao Vivo - Live lyrics

Artist: MJ Pérez

album: A Peza Solta - Ao Vivo (Live)


Ninguén me viu fuxir sen ti na marxe
Pero eu estaba aí
Á beira do que ocorre pola boca
Sentirme baixo a lingua impronunciable
Facer das cordas unha guerra
Camiñar sen arco, sen camiño
Loitando a contraluz os pés desaparecen tras a pedra
Deter a voz no traste para que me traduzas a memoria
Que fácil e sinxelo é esquecer
Tapándolle os ollos á memoria
Sen pararnos un minuto a pensar
Se quedou algunha peza solta
Para que me traduzas gáñame
Písame ou para a historia
Que a guerra é fría
E e o xeo corta
Córtame ti que me incompletas
Dixéronme que tiña que calar
Se quería cantar, cantar vitoria
Mais non sei canto poderei aguantar
Porque é isto o que me cansa, o que me esgota
Que fácil e sinxelo é esquecer
(Esquéceme)
Tapándolle os ollos á memoria
(Lémbrame)
Sen pararnos un minuto a pensar
(Pénsame)
Se quedou algunha peza solta
Estranxeirízame
Faime prohibida e que me doa
Pero non, non me fagas camiño
Non me reescribas
Que fácil e sinxelo é fuxir
Cando ven o vento e vén en contra
E eu xa non sei se chorar ou rir
E que é isto o que me cansa, o que me esgota
Rompería os teus esquemas desta vez
(Agora)
Só fai falla que mo propoña
Que fácil e sinxelo é esquecer
(Esquéceme)
Tapándolle os ollos á memoria
Sen pararnos un minuto a pensar
Se quedou algunha peza solta
Que non podo encaixar
Que non quere encaixar
Que non pode encaixar
Non consigo encaixar
Que non quere encaixar
Que non podo encaixar
Que non podo encaixar
Non consigo encaixar
Á beira do que ocorre
A guerra fría
Esta lingua sen ti
Na marxe
Estou na marxe
Písame
Estaba aí
Cega
Impronunciable
Que non pode encaixar
Que non quere encaixar
Que non podo encaixar
Non consigo encaixar
Que non quere encaixar
Que non podo encaixar
Que non quere encaixar
Non consigo encaixar

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists