Un río de sangue marca o noso paso Ninguén sabe de nós Ninguén sabe contalo Só aquela árbore Que sobrevive ao tempo Foi testemuña do amor E tamén do tormento ♪ Que non nos entenden Tampouco o buscamos Só queremos que nos deixen Vivir o noso fado Ti xa non estás E todo está perdido Xa ninguén se lembra de nós Está todo esquecido Mido a distancia Que me afasta da morte Só quero estar contigo Agarda no horizonte Non fixemos mal ningún Alén de querernos Chorarán aos teus pés Os que nos ofenderon ♪ Entraron con puñais Chegaron con enganos E foron a por ti Non puiden evitalo Que fixemos mal? Cal é a nosa culpa? Non querer camiñar Pola vontade súa? Que non nos entenden Tampouco o buscamos Só queremos que nos deixen Vivir o noso fado Ti xa non estás E todo está perdido Xa ninguén se lembra de nós Está todo esquecido Mido a distancia Que me afasta da morte Só quero estar contigo Agarda no horizonte Non fixemos mal ningún Alén de querernos Chorarán aos teus pés Os que nos ofenderon