Cando non quede aire para respirar E falemos de imposibles Cando xa non quede nada para dar E saibas o que perdiches Lembra todo o que tivemos nas mans Todo aquilo que ardeu no silencio Cando xa non quede nada para queimar Cando todo sexa inferno
Xunta a túa man canda min Non falemos de imposibles Porque o que está por vivir Ninguén por nós o decide ♪ Cando xa non queden forzas para berrar E afoguemos nos silencios Cando os ríos leven a cor do metal E non haxa privilexios ♪ Lembra todo o que tivemos ao redor Todo aquilo que vendemos ao demo Cando xa non quede nada para loitar Defendamos o que temos!
Xunta a túa man canda min Eu non falo de imposibles Porque o que está por vivir Ninguén por nós o decide Ninguén pregunta por nós Só para aquilo que convén Que non nos dean a razón Só para intentar quedar ben Nunca miraron por nós Negociaron co futuro Érguete para dicir non Podemos cambiar o rumbo