Kishore Kumar Hits

Tanxugueiras - A de sempre lyrics

Artist: Tanxugueiras

album: Tanxugueiras


Agora que vén a guerra
Levades aos homes todos
Lévanme ó meu queridiño
Lévanme a vista dos ollos

Alá no medio do mar
Suspiraba unha balea
Entre suspiros decía
Quen ten amores ten pena

Debaixo do lavadoiro
Onde maría lavaba
Había un anel de ouro
E unha mazá colorada

Baixo o piñeiro verde
Ten o meu amante a cama
E cando o amante durme
O piñeiro baixa a rama

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists