Son como Vexeta Un rei doutro planeta que caeu nun planeta que cae a cachos E os cachos que aquí vos tou deixando Espero que algún día, alguén os colla e diga que valeu pa algo Esta vida que tanto prometía Que sempre foi pelea e eu nunca quería facerlle mal a naide Facerlle mal adrede Aunque pense que a xente é unha merda, eu tamén son xente Aunque queira ser de ferro, eu tamén son xente e, se non son, dá igual Que faigo cousas mal e, por moito que me joda Eu non son Vexeta e eu tamén son xente E odio ó paiaso, odio ós que son serios Odio que me falen e tamén odio o silencio Odio a escuridá e odio tanta luz Odio a miña cara cando non a miras tú Pero xa non canto deso Fai bastante tempo. Agora son máis vello e de feito xa nin canto Agora choro, berro, déitome e descanso Nas tripas dun planeta que se ta acabando E tou anticuado Sigo sendo o rei pero tou anticuado Son o último dos meus e tou anticuado E ós chavales que ahora o están petando lévolles dez anos Dáme asco que as horas pasen lentas e rápidos os anos Pero sigo sendo o rei e non me penso marchar No Planeta Namek ou na Calle do Can Onde viven os chavales que me van enterrar? E you miñoca Estás hinchándome as pelotas Ti eres un notas E dis que queres ser como Vexeta Faiche falta disciplina, entrenar máis a rima E que todos os días saia na galega a túa jeta Príncipe do rap, teño un Flow doutro planeta Para ser Super Saiyan, non hai fórmula secreta Chicho cociñou o track, non sabes a receta É unha onda vital directa á túa cabeza E agora reza, cando estos tres entran Todos saben que eres un cagalletas Miro Pereira Eu aumento o meu poder mentras ti vas tocando fondo Paiaso, seica non entrenaches abondo Faime caso, inda que teña esta cara enfadada Polos meus mato e morro así que mellor non me probes Nada, nada, estou disposto a todo A meterme na boca do lobo inda que me devore Eu son o número un, os outros uns pailáns Xa ninguén pode contra o poder de Cibrán Porque se cren moi fortes pero son como Satán Non pos a competir a un Saiyan contra un simple mortal Non sabes o que está de moda, estás anticuado Eu non podo ensinarte se formas parte do pasado Queres ser un Saiyajin, pero o único que tedes en común É que sempre tes enchufado ao cu un rabo Son a estrela principal do Xabarín Todos os nenos de Galicia queren ser coma min Ti queres ser como Vexeta pero es máis como Krilin Eu estou quedando calvo e ti estás calvo, fin Estou disposto a todo