Teño un coco prodixioso para encaixar letras Formar palabras, frases e toda esa merda Para que logo as analicen estudiantes de lengua Porque teño unhas verbas e unha verborrea excelsa Hoxe todos van salir e ti te vas quedar en casa Non hai pasta, ademais castigouche a mama As notas foron malas neno rata? Despois o chaval escapa e acaba fumando plata Outro neno de papá que mete a pata Chegan cargados de plata E a venden por catro pesetas E que pasará cando chova fóra E toda esa droga esté destruíndoche o cora, a memoria Cambie o curso da historia E caes da noria da vida que xira, xira e non hai saída O resto mírandote dende arriba E ti escondendo esas mentiras para parecer un rei Midas Ou é que olvidas que Eu xa non estou dentro do game Non xogo porque sinto que me estou volvendo o rei Vexo a esos rappers con envexa que están deixándose a pel E mentres eu esté dentro para eles non queda pastel Eu son un chulo, como Julio Iglesias Deixa que cho faga duro e sen ningunha presa E tamén podo ser suave como a seda E seducirte recitándoche un poema na alameda Eu son un rapeiro vella escola Paso desas poses de top model, de rap de pádel Eu non son nóvel, pero por estos versos deberían darme o Nobel E creo que eso é xustamente o que lles jode Que estou entre os mellores como Ronaldinho Chegando a entrenar ca roupa de onte, apestando a viño Eu son un tunante, desos de antes Dos que van cegos o martes e non lles pasa ata o domingo Ti non vas chegar lonxe con esa pinta de novato Ten ben presente que estás diante do capo E me levo a copa, imos da cappo Vou polo verso deslizándome como un gato Teño estos flows negros como saídos do Congo Aos teus oídos doulles mambo, eu son malo pero entretido como Comandos E si quedas uns temas verás que merda tan crema Tío estás flipando Teño os collóns cadrados de tanto entrenalos Se queres fumadón e Flow tas no sitio adecuado Porque flúo polo ritmo igual que un fodido escualo Sempre que entro esos rapeiros van directos ao paro De todas formas, non recordo telos invitado A escena galega xa é o meu recinto privado Que o que digan ma pela, xa non me importa Eu sei que son o que máis duro lle pega dende hai uns cantos anos Esto é rap para marcianos Para esos pavos que non van a clase e rapean como Mariano O rap e eu case casamos Pero fixéronlle a proba do pano E eu xa o tiña máis que desvirgado De todas formas seguimos quedando Nos damos a man nos bancos do barrios Detrás das gradas do campus e no escenario Non entendemos de horarios, o rap e eu Como unha voz profunda e a radio Como Luigi e Mario Como o coñecemento máis segredo e un pavo mazo de sabio Como o meu pene e os teus labios Espero que nunca volvamos ser adversarios Non quero que me volvas facer dano