Kishore Kumar Hits

Ezetaerre - Fulanito e menganito lyrics

Artist: Ezetaerre

album: Pólvora e Tormenta


Non sabemos que lles pasa, pero están como tolas
Dicindo polas redes que o que fago non mola
Férvelles o sangue, falan máis que amolan
Pero teñen sempre estes temazos na cachola
Ei, llou, pura contradición
Andan moi aburridos para seguir neste show
Teimudos non aturan que teñamos tanto flow
E por iso inventan chismes ao chou
Na sombra lanzando dardos
Con este ritmo xa están bailando
Van de adalides, sempre desolados
Van de leopardos, pero cazan biosbardos
Que me dixo Fulanito que non es moi normal
Que vas sempre de sobrado, que pos o pronome mal
Que pillaches unha chea e remataches no hospital
E por iso que non bebes, por un cólico fatal
E que tal e que cual e que mal e Pascual
Que teu tío é secreta i o teu pai municipal
Seguide a lareta, que é gratis falar
Que o tempo pon a cada un de nós no seu lugar
Son egos de haters
Co sangue que lles ferve
Veña, que esa rabia que botas nas redes
Pode estar na rúa contra quen a merece
E viven picados
Fanlle o traballo ao amo
Inventan e critican, queren facer dano
Se temos a esta peña quen precisa Okdiario?
Botamos unha ollada e non falta o comentario:
Que merda EZR, non vos caen pesados?
O peor de todo é que teño claro
Que o verán da Working Class aínda peta nos seus cascos
Pronomes que non fican onde deberían
Di que non usamos o galego día a día
Son neofalante, mais perdoa que che diga
Levo o galego de Catalunya a Euskal Herria
Logo está quen pensa que só mola a maqueta
Facer un hit viral é case unha blasfemia
Di que somos malos, aburridos, monotema
Quero mudalo todo, non comerme a escena
Pensan que firen con esas críticas simples
Só patrocinan os chistes, éche un broma
Neste partido, dobramos tempo tranquilos
Eles están no banquiño pedindo a hora
Están susceptibles, que pavos máis infelices
Se choran, rosman e finxen e sempre gozan
Isto ten un remite se ofende a túa persoa
Pois veña, quéixate, es libre, vai facendo cola
Son egos de haters
Co sangue que lles ferve
Veña, que esa rabia que botas nas redes
Pode estar na rúa contra quen a merece
E viven picados
Fanlle o traballo ao amo
Inventan e critican, queren facer dano
Se temos a esta peña quen precisa Okdiario?
Con letras máis polémicas que un tweet de Bernabé
Convocamos Comité pra falar de clichés
Joder, outra vez, voltárono facer
Cos cabróns de EZR vou enloquecer!
Eu non os coñezo, non os vin na vida
Pero que guapada esa camisa de piñas
Eu non os coñezo, odio só de vista
Pero que estilazo enriba da tarima
Din por aí que o Pirola é un pijo
I eu pido aos meus pais pra gastalo en perico
Sempre fala o máis indicado
O flipado que nunca estivo asalariado
Paso xa de réplicas e fago xa por ética
Sei que lles jode a miña conciencia
Pido moita máis prudencia para tanta miseria
Collo os seus rumores pra escribir unha comedia
Moita paciencia con tanta leria
Falar tanto do resto só pode darche perdas
Non facemos merda pra vender
É para que as obreiras tomémolo poder
Son egos de haters
Co sangue que lles ferve
Veña, que esa rabia que botas nas redes
Pode estar na rúa contra quen a merece
E viven picados
Fanlle o traballo ao amo
Inventan e critican, queren facer dano
Se temos a esta peña quen precisa Okdiario?
Co Iago Pico, traendo o bo ritmo!
Sacando un pouco de amor entre tanto odio!
Que din por aí?

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists