Os dez de Hollywood escriben o guión Que dirixe a nosa acción para un mundo mellor Porque aquí ninguén perde a ilusión De engraxar este motor coa suor do patrón Non, non vas parar a máquina Por ir de voluntario a algún país de África Maldita hipocrisía de europeo aburguesado Cazando likes en fotos cos máis necesitados As cartas sobre a mesa, pasamos de tapetes De billetes, de banquetes cas obreiras de xoguete Cando cese a súa festa e queiran espertar Estarán acurralados, enterrados no mar Medrará Nova vida nas ruínas O martelo ilumina esta noite Sementamos as uvas da ira Volverán Esgotarse as mentiras Na penumbra sacamos a fouce Recollemos as uvas da ira Tinguidas de suor, de sangue e máis de cuspe Medramos entre laios, entre sal i ferruxe Marcadas pola terra, polo mar e máis o fume Tomadas por lacaios, rexeitamos servidume Patrón é patrón, leve piercing ou smoking Mellor é morrer, máis que ficar inmóbil Máis que ficar un zombi, un escravo do sistema Que non busca solución, só é parte do problema Solta cabo, incha a vela, o vento sopra forte Que na ría xa se ve de novo ese horizonte Isto vai de vida, morte, pero noto nas miradas Toca xa vencer, xa volta a treboada Medrará Nova vida nas ruínas O martelo ilumina esta noite Sementamos as uvas da ira Volverán Esgotarse as mentiras Na penumbra sacamos a fouce Recollemos as uvas da ira Andamos entre as sombras, vixías como gárgolas Contando mil naufraxios nun caderno de bitácora Escritos da diáspora, levanten as súas áncoras Temos a Pandora suxeitando a nosa ánfora Van soar na bruma rumores e murmurios Ocultos agardando, sincronizando os pulsos Verdugos do seu mundo, gardas dun novo rumbo Un anel de lume que os calcine cos seus xugos Tremerán ao vernos como co Burla Negra Sentirán as mans que coidaron das súas bestas Un himno de guerra que comeza coa contenda Fará brotar a paz nesta terra erma Medrará Nova vida nas ruínas O martelo ilumina esta noite Sementamos as uvas da ira Volverán Esgotarse as mentiras Na penumbra sacamos a fouce Recollemos as uvas da ira