Voltamos da viaxe ao país dos ananos Entre verbas baleiras, entre tanto mercenario Executo brincadeiras neste día dos enganos Poño a vista no futuro pero lembro o meu pasado Queres caldo? Tes sete cuncas neste track Golpeando no meu peito coa enerxía dun All Black Que non era capaz de manter a mente limpa? De rachar con ese estigma que nos quere calar? Unha noite no muíño non é noite nin é nada Comparada coa xornada da labrega explotada Se morro na batalla, regreso nas facianas Das milleiras que traballan para nunca ser escravas Fartas, insomnes, axitando as conciencias Andamos a monte para manter a nosa esencia Con Suso Vaamonde e a súa insolencia: Que se vaian pró carallo os ladróns da nosa terra Esta loita non a mata o tempo Somos as herdeiras de quen venceu ao vento Resistindo ao noso desencanto Porque aínda existe a dor, porque aínda existe o pranto Esta loita non a mata o medo Somos as herdeiras de quen rachou con este ceo Confrontando coa noite do outono Para todas sempre a luz, para todas sempre todo Regresamos con valor como obreiras francesas Con ganas de vencer, con aires de grandeza Sempre fieis á batalla, queremos dar a talla Resistimos con orgullo como as FARC nas montañas Temos a rabia dunha explotada nun call center Da bombeira queimada, da vítima dun ERE Da muller maltratada, da compañeira acosada Da neta que non esquece á súa avoa fusilada Arrogantes, disidentes, como Muhammad Ali Eternas como Jimmy, como Shangay Lily Neste noso transporte dá igual o pasaporte Vén María Ginestà sinalando o horizonte E dá igual o que veña, que penas xa son moitas Que nos pasen os anos, medremos entre loitas Sigamos firmes, unidas, rebeldes e insumisos Que veñan por nós, a gardaremos cun sorriso Esta loita non a mata o tempo Somos as herdeiras de quen venceu ao vento Resistindo ao noso desencanto Porque aínda existe a dor, porque aínda existe o pranto Esta loita non a mata o medo Somos as herdeiras de quen rachou con este ceo Confrontando coa noite do outono Para todas sempre a luz, para todas sempre todo Seguimos berrando dende o mar contra o terror Pra que escoite quen prefire que aturemos esta dor Rap de combate e de acción, compromiso e paixón Estas letras son de guerra pra mañá cantarlle ao amor Solidarias sen temor, como as Brigadas Valentes como as sindicalistas rapadas nas prazas Pisaremos esas serpes que só morden ás descalzas Faremos da rabia música, como Gata Cattana Na mente as fuxidas e as que o deron todo Non esquezo a Pavlos Fyssas nin tampouco a José Couso Como as obreiras de Alcoa loitamos polo que é noso E entre tanto clarescuro imos vencer aos monstros Fronte ao pesimismo, sorrí por ti e por todas Supera cada derrota, sempre en pé ata a vitoria Alegra xa esa cara, veña, que agora nos toca É hora de que as vencidas escriban a súa historia Esta loita non a mata o tempo Somos as herdeiras de quen venceu ao vento Resistindo ao noso desencanto Porque aínda existe a dor, porque aínda existe o pranto Esta loita non a mata o medo Somos as herdeiras de quen rachou con este ceo Confrontando coa noite do outono Para todas sempre a luz, para todas sempre todo