Ó pasar pola túa porta Levo presa e vou correndo Porque non digan teus pais Que de amores te pretendo Ó pasar pola túa porta Levo presa e vou correndo ♪ Dende aquí te estou mirando Cara cara, frente a frente E non che podo dicir O que o meu corazón sente Dende aquí te estou mirando Cara cara, frente a frente ♪ Neste lugarín pequeno Amores hei de encontrar Ou no pico ou no fondo Ou no medio do lugar Neste lugarín pequeno Amores hei de encontrar ♪ Polo sol mándoche cartas Pola lúa saudades Polas estrelas do ceo Memorias que te regales Polo sol mándoche cartas Pola lúa saudades