Canta que cadramos ben-e Canta que cadramos ben-e Moitas almas se condean Porque nos levamos ben-e. Porque nos levamos ben-e Temos o mundo contrario. Habémonos de levar-e Anque pasemos traballo Onte mesmo pola tarde Unhas lerchas de veciñas Cortáronme o meu vestido Ailalala E sen tomarme as medidas Ailalala Esa que de min marmura, Que mire prá súa casa. Cando na miña fumea Na dela queima que abrasa Non ...(?)... mal de min-e A quen tanto me quería Sabendo que esa persoa Ailalala A min todo me disía O meu refaixiño novo Lévame o rodo acabado As malas lenghoas do mundo Xa lle tên outro bordado Marmura marmuradora Marmura de min e doutro Xa tes un canto no inferno Ailalala Para descansar un pouco. Ailalala