Amoriño si te vas Déixame unha prenda túa Déixame a túa navalla Para pica-la verdura Anque me vou non me vou Anque me vou non te olvido Anque me marcho de corpo Quedame aqui o sentido Ailalalala ailalalala A pedir vou un favor A pedir que me han de dar Escóitame miña nena Que che quero preguntar Téñoche un pano na hucha Pano dos catro colores Da esperanza, da vinganza, Dos celos, e dos amores Ailalalala ailalalala Meus olliños de pracer Meus olliños de pracer Se nacemos un pra outro Que lle habemos de facer Vamos a raer o pan Vamos a raer o pan Ti levarás unha rosa Eu un caravel na man Ailalalala ailalalala Teño un castaño moi alto No tronco ten mil enredos Tampouco os enamorados Poden ter os ollos quedos Esta vai por despedida Na pela dunha mazá Non cantemos hoxe todo Deixemos para mañá Ailalalala ailalalala