Eu escoito rock de estadio Cando non me ve ninguén Necesito o son de ambiente baixo a pel O Spinoza de Carballo Chamábanme cando empecei Filosofía por amor, pero xa onde foi Hoxe honro aquel surfeiro Contra o outono foi bater Pero o que pode un corpo nunca o saberá ninguén Un sobriño deixou comigo Na conserveira preguntan por el Axusto os lentes e respondo que todo ben Un día verán a luz os meus escritos Cando eu non estea, bailade, malditos! O que pode un corpo nunca o saberá ninguén (Ah ah ah ah ah ah ah ah) ♪ (Xa-la-la-la xa-la-la-la xa-la-la-la-la) (Xa-la-la-la xa-la-la-la xa-la-la-la-la) (Xa-la-la-la xa-la-la-la o que un corpo pode xa-la-la-la-la) (O que pode un corpo Xa-la-la-la pode) (Xa-la-la-la o que un corpo pode xa-la-la-la-la) ♪ Eu escoito rock de estadio Non é malo se fai ben Vou da lata ao mar, no mar salto outra vez A substancia desta vida É tan extensa que xamais se ve Pero detrás de Clarence Clemons tócoa co pé E dedicaranme as letras do paisiño Cuspide na tumba, coidade o sobriño P'ra que non se perda neste gueto portugués Un día verán a luz os meus escritos Borremos a morte, cantade comigo O que os corpos poden nunca o saberei nin eu! (Ah ah ah ah ah ah ah ah) (Ah ah ah ah ah ah ah ah) (Ah ah ah ah ah ah ah ah)