Desde algún faiado vimos naves espaciais. Prememos no botón do triplo salto Vital. Estivo moi ben o feito de intentalo. Hai cogomelos bos, hai cogomelos malos. Pero sempre nos matan na mesma Pantalla. Existen fontaneiras que nos poden salvar o cu Aos príncipes que só temos príncipes azuis. E Falan dunha flor que perfora caparazóns, Unida a una estrela que promete vidas extra. Pero sempre nos matan na mesma pantalla, Cunha planta carnívora ou movendo a muralla. Pero sempre nos matan na mesma pantalla. Sempre nos matan. Sempre rompemos a cabeza Para que aparezan as moedas. Hai moitos trucos por aí, Ou é que os trucos son as regras? E agora quen vai pagar Todos os ladrillos rotos? Iso sabiámolo xa Desde Shigeru Miyamoto. Podemos ir pola esquerda E aparecer pola dereita, Xogarmos a partida sós Ou facer vida de dous. Tamén podemos estar tres E coñecer xente xogando. Podemos estar só mirando ou aquí Cantando, Pero quen controla o mando? Porque sempre nos matan na mesma pantalla, Cunha planta carnívora ou movendo a muralla. Porque sempre nos matan na mesma pantalla. Sempre nos matan.