Ante ti tes a tarde do domingo, As estrelas xa van tomando posición. Hai xente que pasea polos Parques e hai outros que gustan máis do dominó. E eu nesta habitación, ao non ter plan, Dáme por lembrar aquela canción Que eu cantaba así, Esa que eu cantaba así: Canto no taxi, Canto na casa, Cántolle ás ondas do mar. Non teño amantes, Non teño cartos nin visibilidade social. Hai xente que regresa de viaxes E a maleta á volta pésalles máis. Iso pásalles por non ficaren na casa, Que no fondo é onde mellor se está. E eu nesta habitación, ao non ter plan, Dáme por lembrar Aquela canción que eu cantaba así, Esa que eu cantaba así: Canto no taxi, Canto na casa, Cántolle ás ondas do mar. Non teño curro, Non teño carro nin visibilidade social. I was born under a wanderin' star I was born under a wanderin' star