Kishore Kumar Hits

Grande Amore - Papando / Mundo Nuno lyrics

Artist: Grande Amore

album: Papando / Mundo Nuno


Vivo coma os tipos que cantan boleros
O que quero non o teño, o que teño non o quero
E penso que a veces vivo e non vivo
Pensando no día que non fun contigo
A aquel garito, que debía ser o Blaster
Porque xusto aquela noite 'taba jodido
Esas mierdas pásanme bastante
A min, Nuno Pico: O último romántico
A veces penso que debo ser tonto
Pero conto con que un día vaia cambiar
E que en vez de estar pensando en papar
Que ben estaría agora papando
Esto é o mellor que escoitache este ano
Porque sabes que che gusta e aínda encima sona raro
Mundo Nuno, Mundo Nuno, é moi fácil calculalo
Un pouco máis que o resto, ese é o punto exacto
Cando asente a cabeza e me esforze un pouco máis
Este vai ser un himno pa' os netos de teus pais
Imaxina que xa vises cada cousa que vas ver
Mundo Nuno, o pasado vai pasar outra vez
Papando ando, bailando de noite
E de día durmindo, vivindo o meu momento
Momento que sinto que non aproveito
Non bebo todo o que podía beber
E non fodo todo o que podía foder
Non me drogo e aínda non sei por que
Como di o do Ameixenda: "A xente, a xente..."
A xente a veces falla, papar é pa sempre
Esto é o mellor que escoitache este ano
Porque sabes que che gusta, e aínda encima é tan raro
Se todo fose igual que o que teño eu pensado
Nos billetes de cen, sairía o Hevi de lado
Un mundo distinto só sería distinto
Mundo Nuno non existe un puto mundo mellor!
Cando teño mil opcións e non sei ben que facer
Faigo coma sempre e casi sempre sale ben

Esto é o mellor que escoitache este ano
Porque sabes que che gusto e aínda encima son tan raro
Mundo Nuno, Mundo Nuno, é difícil imitalo
Un pouco máis do xusto xa sería demasiado
Animando sempre á peña aun' que me caian fatal!
Mundo Nuno é máis complexo do que poidas pensar
Cando teño mil opcións e non sei ben que facer
Teño sorte se andan cerca Dani e Xosé

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists