Tiña vinteún ao facer esta canción Teño vinte e oito agora e non me prestan atención A xente pregunta cando vou madurar Queren dicir que teño que poñerme a traballar Gústame sentarme a mira-lo mar Pero sinto que o tempo me esvaece nas mans Fixeime un obxectivo e non sei cal é Fágome preguntas e non me fago ben Pra que serve esta canción Se non vai cambiar o mundo E non vai cambiarme a min? Pra que serve esta canción Se non vai cambiar o mundo E non vai cambiarme a min? O tempo libre non me vai liberar Da miña cabeza se lle dá por pensar Vemos outra serie no salón É un intento de estar mellor Vin estrelas fugaces onte á noite Pedín un desexo pero eran só satélites Á tecnoloxía que lle vas pedir? Desexo, desexo ser feliz Pra que serve esta canción Se non vai salva-lo mundo E non vai salvarme a min? Pra que serve esta canción Se non vai salva-lo mundo E non vai salvarme a min? Non vai salvarme a min Non vai salvarme a min Non vai salvarme a min!