Kishore Kumar Hits

Esposa - Aquí lyrics

Artist: Esposa

album: Xardín interior


Vou aos karaokes pra cantar
O que non canto cando quero que ninguén me mire mal
Só me veñen as palabras se mas poñen na pantalla
Vou aos karaokes pra mirar
Á xente sendo o que pretende cando mira ao espello
Aínda que estea moi lonxe para velo
Aínda que estea moi lonxe para velo

Vou a biblioteca e son feliz
Toda a memoria do mundo, toda para min
Pero sempre acabo lendo as mesmas palabras
Mirando as mesmas fotos, e vendo as mesmas caras
Comendo cada día a mesma bolsa de patacas
Que nunca acaba
Que nunca acaba
Que nunca acaba
Que nunca acaba
Ata que pasaque saes da zona de confort
E vas ás músicas do mundo a coller un cd
Apréndeste algún canto do Candomblé
Mentras un mendigo ao lado mira Anatomía de Grey
E daste conta de que vives no seu concello
Aínda que esteas moi lonxe para velo
Aínda que esteas moi lonxe para velo

Cultura popular? Cultura popular
Escribir unha canción é como militar
Logo síntea moita xente se vas ao Luar
Pero non sinten as palabras como sinten a empanada
Imos comer? Ou imos tocar?
Faría felíz a máis xente se soubera cociñar,
Pero fago as cancións e os espargotes con atún
Sabendo que inda que me esforce non lle gustan a ningún.
Como sete putas potas á semana dende setembro,
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
E penso nisto moi forte e pretendo crelo.
Penso nisto moi forte e pretendo crelo.
E logo penso nisto moi forte e pretendo crelo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists