Son OG
Orixinal Galego
Son OG
Orixinal Galego
Son máis galego que o feísmo
Atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo
Non te achegues por aquí se non queres ver muralismo
Porque son un OG, avant-garde dos que inventan ismos
"OGismo", este tema é o manifesto
Un emblema pra que poida seguir o resto
Un sistema superchovinista, crema
P'ra que untes nesa autoestima tan enferma
Son máis galego que un cego de licor café
Que ir a misa un domingo е ó saír ir a beber
Máis galego quе o Xénese de DKTC
Que o fondo azul cas gaivotas do PP
OG como un patrón con boina e con bastón
Que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón
Andando como Fraga con paso vacilón
Se ves falando castrapo, os OGs din, "así non"
Chegan os OGs, denominación de orixen
Como a fariña do país, chegan os Big Pimps
Coma patróns, facendo lowrider en chimpíns
Matando peregríns con chanclas e calcetíns
Orixinal galaicos, coma movendo os marcos
Releando na feira, niso nunca fomos mancos
Din que non se sabe se subimos ou baixamos
Perfecto, como nos gusta facervos parvos
Son máis galego que un polbo nunha palleira
Que un polbo á feira sobre un prato de madeira
Que unha bañeira nunha leira de bebedoiro
Que ter morriña primeiro e logo xenreira
Son tan galego que se subo, subo pa' arriba
Se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho
A cooperativa OG non ten despacho, temos sede
Sede de beber nalgún furancho
OG
Orixinal Galego
Son OG
Orixinal Galego
Son un OG
De Ordes a Santiago cheira a Dios ó que lle botas o piti
Da iglesia ao gimnasio vou pensando en botarche un quiqui
Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG
Un OG
Calidade no sangue e na carne como a tenreira
Os OGs están na taberna co licor de herbas
Vella escola, botando esterco e pisando bosta
Nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba
Orixinal galego como os guiris en Santiago
Como ir limpar o monte ao teu terreo privado
Rimando con frases célebres e memorables
Como eme punto Rajoy no Congreso dos Diputados
Máis galego que un somier exercendo de cancela
OG, ti gasta pelas no Leroy Merlín
Máis galego que a diglosia
Esa mesma pola que te mereces con creces esta boa hostia
Máis que un ultramarinos café-bar
Ferretería confesionario no mesmo pack
E máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón
Máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón
Máis galego que a Operación Nécora
Máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora
Typical galician como o lacón con grelos
Colgados e afumados, recheos coma botelos
Vai por ghocevellos, ti oes visións
Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns
OGs como o Albariño, o Godello, o Ribeiro
Pura sangue da filloa, son puro can de palleiro
Orixinal, sen data de caducidade
Dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade
Os OGs rimamos inda que ninguén escoite
Disque os vagalumes brillamos na noite
Costumes, como facer dun galpón un casoplón
En ben menos do que tarda en cantar un galo
Só pura sorte? Estás equivocado
Se a brúxula sinala o Norte será por algo
Son OG (OG, OG, OG, OG, OG, OG)
Orixinal Galego (OG, OG, OG, OG, OG, OG)
Son OG (OG, OG, OG, OG, OG, OG)
Orixinal Galego (OG, OG, OG, OG, OG, OG)
Desde a N 5-5-0, Dios Ke Te Crew, Boyanka Kostava
Estilo fino, Rodolfo, langostinos en Ordes, un sitio apasionante
Gracias a todas, que guapas (OG, OG, OG)
Поcмотреть все песни артиста