Teño soños de colores Cando non podo durmir, Sigo esperto toda a noite E non deixo de bulir. Dando voltas no meu leito Teño gañas de voar, Sáeme o corazón do peito Seica poderá estoupar. Cando facemos o pino A limpar no ceo os pés Ou botamos aturuxos Antes de que pase o tren. Cando che dou a pulseira Feita con mil alecríns, Mírote ós ollos decote Pra poderche así dicir: Quérote máis, quero, quérote máis Que a tortilla de patacas con xamón Quérote máis, quero, quérote máis Cada vez que me latexa o corazón. Teño na boca un sorriso E nos ollos un candil, Que ninguén pode apagar Cando corres xunto a min. O meu corpo treme enteiro, Tremen pernas, tremen mans, Sáeme o corazón do peito Seica poderá estoupar. Ao pintar arcos da vella De colores polo ar, Cando escribes o meu nome Nun espello ou nun cristal. Ao encendermos unha radio E este son poder ouvir, Mírote ós ollos decote Pra poderche así dicir. Quérote máis, quero, quérote máis Que a tortilla de patacas con xamón Quérote máis, quero, quérote máis Cada vez que me latexa o corazón. (Bis) Maite zaitut, maite maite zaitut Que a tortilla de patacas con xamón Maite zaitut, maite maite zaitut Cada vez que me latexa o corazón. Quérote máis, quero, quérote máis Que a tortilla de patacas con xamón Quérote máis, quero, quérote máis Cada vez que me latexa o corazón.