Artist's albums
Similar artists
A banda da Loba
Artist
Familia Caamagno
Artist
LaMontagne & PicoAmperio
Artist
O Rabelo
Artist
Grande Amore
Artist
Néboa
Artist
Terbutalina
Artist
Malandrómeda
Artist
Fillas de Cassandra
Artist
bratzantifa
Artist
Guadi Galego
Artist
Ataque Escampe
Artist
Lontreira
Artist
Berto
Artist
Catuxa Salom
Artist
Chicharrón
Artist
Biography
Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado, e a día de hoxe continúan ofrecendo os seus espectáculos nos escenarios máis variados do país e fóra das fronteiras deste. Xuntas son aldaolado, o irreverente dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador. Ninguén morreu de ler poesía (Xerais, 2020) é o libro asinado por elas que recolle parte do material co que traballan nos seus directos. CASA! é o título do primeiro traballo discográfico de aldaolado, gravado en 2020 baixo a produción de Mig Seoane. Crea con Diego Delgado o proxecto musical alDDao, que formou parte activa da escena musical barcelonesa e galega de finais dos dous mil. Mantivo unha colaboración literaria na Radio Galega entre 2009 e 2014 dentro do programa Tres peixes voando. É a coordinadora do certame de narrativa temático do concello de Curtis desde o ano 2009. Podemos atopar poemas da súa autoría en numerosas revistas e publicacións colectivas. O seu primeiro libro individual, Todo isto antes era noite, publicouse baixo o selo da editorial Apiario en decembro de 2018. Desde 2019 forma parte do elenco da obra de teatro Liberto (Rebordelos producións), onde tamén se encarga da parte musical e pola que é premiada en dita categoría nos Premios María Casares 2020.